Página principal

martes, 16 de diciembre de 2014

Bebidas fermentadas mellor que destiladas

Bos días!

Algunha vez seguro que bos dixeron que é mellor beber bebidas fermentadas que destiladas. Mesmo os vosos pais cando saíades de festa vos dixeron  "mellor viño, cervexa ou sidra que ron, vodka, whisky, etc. ". Os nosos maiores son moi sabios e temos que facerlles caso. Hoxe imos demostrar que os que nos dixeron isto tiñan razón. 



As bebidas alcohólicas divídense en dous grupos: fermentadas e destiladas.A diferenza básase no proceso de produción, onde a bebida pode ser preparada polo proceso de fermentación ou o de destilación. Primeiro móstrovos a seguinte imaxe, onde podedes ver como se absorbe o alcohol e tamén como se elimina do noso organismo.

As bebidas fermentadas 

Son aquelas que transcorren do proceso de fermentación. Este proceso químico prodúcese cando se deixan reposar determinados vexetais e froitas de gran contido en glucosa durante un longo periodo de tempo e a unha temperatura apropiada. Nestas circunstacias algúns microorganismos que se atopan no aire e na superficie da froita transforman a sacarosa en alcohol. 

Polo tanto, a fermentación espontánea de cualquiera líquido azucarado conduce á obtención dunha bebida fermentada. Entre as bebidas fermentadas atopamos o viño, a cervexa e a sidra. O seu contido en alcohol é baixo , menos de 13 graos.

Para máis información sobre o viño dispón dunha anterior entrada neste mesmo blog, " Beber vino tinto es bueno" .

As bebidas destiladas

Obtéñense ao ferver unha bebida fermentada, elevando a graduación do alcohol, proceso denominado destilación. Sepáranse, mendiante a calor, os diferentes componentes líquidos dunha mestura, aproveitando as diferencias das volatilidades dos compostos a separar. 

Entre as bebidas destiladas atopamos o vodka, gin, ron,  whisky, anís, licor, augaardente, tequila, etc. Todas esta bebidas teñen unha graduación moito máis alta que as bebidas fermemtadas,  20 graos como mínimo.


Agora, vos mesmos podedes concluír. Seguides pensando que as bebidas alcohólicas fermentadas e as destiladas son iguais de perxudiciais (en iguais cantidades)? Todos sabemos que o alcohol é nocivo para a nosa saúde, e tamén que canto maior sexa a cantidade de alcohol e a frecuencia do seu consumo vai ser peor para a nosa saúde. Cada un é responsábel de coidar a súa vida. Se non o tes claro aínda, deixo a túa disposición dúas páxinas onde obteras toda a información que precisas.


Polo tanto, beber bebidas fermentedas é mellor que bebelas destiladas. Certo, pero se as cantidades de inxesta son as mesmas de unha que da outra. Xa saben que, o consumo en exceso e rutinario do alcohol é malo para a nosa saúde.

Que teñades un bo día! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario