¡É malo lavar o pelo todos os días! Isto escoitámolo innumerables veces e a maioría da xente opina que ten que ser verdade xa que todo o mundo o di, pero, é realmente perxudicial? Pudrirase o pelo? Qué é o que realmente acontece se lavamos o pelo todos os días?
O resumo de hixiene ideal é lavar o pelo cada tres días durante 6 minutos, 3 minutos para o lavado e 3 para o aclarado, cunha avelá (ou noz, depende do largo do pelo) de champú neutro e acondicionar. Agora si, isto é o ideal pero depende do tipo de pelo que teñas, se é graso, seco ou mixto e tamén dos productos que lle botas tanto na ducha coma en seco.

Engadir que os champús están compostos de moitas substancias químicas que non son necesarias para o noso pelo. O mellor e empregar un champú suave, de pH neutro, canto máis natural sexa mellor. Se teu pelo é graso o mellor é botar un champú anticaspa ou un seborregulador. Se pola contra, o teu pelo é seco o mellor e empregar unha mascarilla, se poder ser natural mellor.
Polo tanto, é malo lavar o pelo todos os días?
Non é o recomendable pero tampouco é malo se as actividades da vida diaria ensucian o teu pelo ou se é graso ou moi graso. Polo que isto depende de cada un.
No hay comentarios:
Publicar un comentario