Página principal

miércoles, 17 de diciembre de 2014

A bebida vexetal ou o leite de vaca

Bos días!

A bebida vexetal é a alternativa do leite de vaca de todos os vexetarianos, de moitos intolerantes a lactosa ou a proteina da leite, etc. Moitas persoas toman a bebida vexetal porque lles gusta máis ou porque escoitaron que era mellor para a saúde. Hoxe imos falar sobre o leite de vaca e a súa funcionalidade no noso organismo e pola contra imos contarvos que é a bebida vexetal, qué tipos existen e que beneficios nos aporta. Despois obteremos unha definitiva conclusión. Se te interesa o tema segue lendo!
Primeiro imos desvelar uns cantos estudos sobre o leite e as súas "propiedades". 

Según estudos feitos nos EE.UU. pola Escola de mediciña de Johns Hopkins, a lactasa, enzima que dixiere o leite, perde a súa actividade no intestino delgado entre a edade dun ano e medio e catro anos, puidendo ser esta intolerancia a causa de alerxia, problemas cutáneos, dixestivos, inmunitarios, etc. 

Amén diso, os lácticos son unha mala fonte de calcio para o organismo humano.

O doctor americano William Ellis afirmou, tras realizar máis de 25000 análises de sangue, que atopou que os niveis máis baixos de calcio correspondían a persoas co costume de tomar tres,catro ou cinco vasos de leite diarios. 

Engadir un último estudo epidemiolóxico feito pola China Popular e Taiwán. Demostran o papel desmineralizante do leite animal no adulto humano. Cando os chinos ( non consumidores de leite) introducen leite na súa dieta prodúcese un aumento de osteoporosis. Esto último non nos debería sorprender, xa que se te informas un pouco sabes que a osteoporosis é unha disfunción dos paises occidentalizados, que son os grandes consumidores do leite de vaca. 

Para máis información deixo a vosa desposición unha publicación do diario La Vanguardia.


A bebida vexetal. Tipos e beneficios.

As bebidas vexetais non lácteas elaboradas a base de auga e ingredientes vexetais. Non teñen lactosa, nin colesterol,a maioría delas son de baixo contido calórico, alto contido en auga ( ata un 90%) e os seus compoñentes son sinxelos de asimilar e dixerir. Ademáis, contelñen menos grasa que a leite de vaca , cun elevdao porcentaxe de grasas mono e poliinsaturadas ( as cales benefician a saúde cardiovascular). O seu contido en vitaminas B é notable, aínda que non contén a B12, xa que esta é case exclusiva de orixe animal.

Existen diferentes tipos de bebidas vexetais, dependendo da súa procedencia. Poden ser:

  • Bebidas que proveñen de cereais. Como a de arroz, avea, espelta, cebada, etc. As cales se caracterizan polo seu alto contido en fibra, minerais e vitaminas.
  • Bebidas que proveñen de froitos secos, como améndoas, avelás, sésamo ou noces. Estas son moi nutritivas e completas, cunha fonte de ácidos grasos de calidade e calcio.
  • Bebidas que proveñen das legumes, como é o caso da soja. Cun alto contido en proteínas de alta calidade.
Polo tanto, a bebida vexetal conta con moitas propiedades moi boas para a nosa saúde. Amén diso, temos unha gran variedade para non rematar aborrecidos. Se tomas, normalmente, leite de vaca proba a bebida vexetal.

Que pasedes unha boa semana! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario