Página principal

sábado, 6 de diciembre de 2014

Manchas brancas nas uñas, falta de calcio

Boas tardes!

A maoría de nos temos ou tivemos algunha vez manchiñas brancas nas uñas e sempre escoitamos dicir que aparecían pola falta de calcio. Este feito chámase leuconiquia. Hoxe imos contarvos se é verdade ou só un mito. 

O doutor Pablo Unamuno, xefe do Servizo de Dermatoloxía do Hospital Clínico de Salamanca e membro da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía, explica nunha publicación do diario ABC que as manchas brancas saen como consecuencia dun proceso inflamatorio ou un traumatismo na matriz da uña que provoca que a queratinización sexa anormal. Engade que a uña crece un milímetro cada dez días, polo que cando vemos a manchiña branca na metade da uña quere dicir que a lesión produciuse dous ou tres meses atrás. 

As manchas brancas prodúcense por: golpear as uñas, cortalas demasiado, teclear no computador con forza, pola deficiencia de cinc ( non de calcio), malas manicuras, por síndromes hereditarios ou como efectos secundarios dalgunha enfermidade. 

Pero podes estar tranquilo, porque estas manchas case sempre son inofensivas, cando a uña creza a mancha vaise movendo e acabarala cortando. Se polo contrario as manchas non se moven é porque a mancha está por debaixo da uña, isto pode ser producido por signos de anemia, enfermidades cardiacas, cirrosis, diabetes ou enfermidades nos riñóns. Neste último caso teremos que visitar o dermatólogo. 

Polo tanto, queda resolto o mito. As manchas brancas nas uñas non son producidas pola falta de calcio. O mito é falso. 

Calquera dúbida que teñades deixade un cometario! Que pasedes un bo sábado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario