Página principal

lunes, 8 de diciembre de 2014

Os piollos saltan dunhas cabezas a outras

Boas tardes!

Se convives con nenos pequechos é moi interesante que leas esta entrada xa que, cantísimas veces escoitamos que os piollos saltan dunha cabeza a outra?. Isto é mentira, os pillos non saltan, non voan, non teñen ás. Se che interesa a entrada segue lendo!


Os piollos son insectos que non teñen ás, senon que teñen 6 patas coas que se suxeitan o pelo e se desplazan con rapidez. A súa vida só é posible no pelo xa que precisan do calor humano para vivir. Cando chegan as cabezas e fixan os seus ovos, denominadas lendias ou miúdas, iníciase unha nova xeración de piollos. Contaxiase por contacto directo. Todos sabemos que os nenos pequenos son os hospedadores por excelencia xa que pasan moito tempo xuntos xogando, préstanse gorros, bufandas, etc. por iso a escola e un foco de infección. Isto non quere dicir que os adultos non teñan piollos só que non están tanto en contacto directo uns cos outros. 

O mellor xeito de eliminar os piollos do pelo, sen empregar substancias químicas xa que son moi tóxicas, é afogalos en aceite para cativos, xa que a súa viscosidade os afoga. Outros métodos para eliminalos é empregando peines especiais ou o vinagre, este último facilita a extracción ao delbilitar o pegamento que suxeita a lendia. Posteriormente hai que lavar ben o pelo.

Como medida de prevención, debe revisar o pelo dos cativos con regularidade sobre todo na nuca, detrás das orellas e no flequillo. 

Polo tanto, o mito de que os piollos saltan é falso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario