Página principal

sábado, 13 de diciembre de 2014

Contar ovellas para adormecer

- Non podo durmir!

- Pois conta ovellas!

Boas noites!

Todos lle dixemos algunha vez a alguén que contara ovellas para durmir. Pero realmente funciona? Moitos de nós puxemos isto en práctica, e para o único que nos valeu foi para aburrirnos ou para pensar en por qué contamos ovellas e non noutros animais. Hoxe imos contar a realidade deste mito tan escoitado na rúa . Segue lendo se queres saber a verdade!A Universidade de Oxford realizou un estudo no que pon a proba o método de contar ovellas para conciliar o sono. Xuntaron un grupo de 50 voluntarios que tiñan insomnio e fixeron tres grupos. O grupo 1 tiña que contar ovellas mentalmente para durmir, o grupo 2 tiña que pensar en imaxes relaxantes e ao grupo 3 non se lles recomendou ningún sistema. 

Ao analizar os resultados concluiron que nin o grupo 1 nin o grupo 3 conseguiran adormecer antes, senón todo o contrario. O grupo 2, que pensou en imaxes relaxantes, adormeceu 20 minutos antes que os demáis. 

Polo tanto, por moi riquiñas que sexan as ovellas non nos axudan a conciliar o sono. A imaxe dunha ovella  saltando tras outra é unha idea que aborrece a calquera, e deixamos de facelo antes de adormecer. Como demostrou o estudo anterior, é mellor concentrarnos nunha paisaxe relaxante ou en escenas da natureza ou da praia. Estas ocupan máis espazo no cerebro e é máis sinxelo entreternos e relaxarnos con elas, conseguindo esquecer as nosas preocupacións e o estrés que non nos deixa durmir.

Concluímos entón, que contar ovellas para durmir é un mito. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario