Dende que eramos pequechos, moitos de nós acostumamos a tomar un vasiño de leite quente antes de durmir. Eu aínda non deixei de facelo e non creo que o deixe de facer. Por qué esta costume? Axuda o leite a conciliar o soño? Continúa lendo e vas comprobar se realmente axuda ou se únicamente é un costume como moitos outros.
O leite contén un aminoácido denominado triptófano, este é un dos oitos aminoácidos esenciais que non fabrica o noso corpo polo que o temos que inxerir nos alimentos; abunda no leite, nos ovos, nos cereais integrais, entre outros. O triptófano estimula a produción da hormona melatonina. Trátase da "hormona do soño", a súa función é a de regular os ciclos do soño-vixilia. Comézase a liberar cando disminúe a luz solar e induce o decanso e o bo durmir.
Moitos expertos aseguran que é un efecto psicolóxico o que provoca reconfortarnos cunha bebida quente antes de dormir xa que coa súa inxesta síntese sosiego con algo quente no estómago, os músculos se relaxan e, en definitiva, a sensación é de pracer e benestar.
Deixo a vosa disposición unha interesante noticia do periódico "La Vanguardia": http://www.lavanguardia.com
Polo tanto, pódese dicir que un vaso de leite tibia antes de durmir pode axudar a durmir mellor pero non é o único alimento que pode axudarte.
Boas noites! Agardo que descansedes moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario