Algunha vez escoitariades esta frase. Hoxe imos explicarlle as razóns polas cales as persoas pensan isto e moitas o levan a práctica. Dígovos de ante má, que isto é certo. Engadir que a este mito tan escoitado moitas veces tamén se di que bo tomar a auga con limón en xaxún. Tamén o imos resolver.
O limón ten múltiples propiedades, xa que actúa como antibacteriano, antiviral, reforza o sistema inmune, é un bo desintoxicante do fígado, grazas ao seu contido en vitamina C tamén favorece a absorción do ferro dos alimentos.
A auga ten moitísimas funcións no noso organismo como son a respiración, a dixestión, a eliminación de toxinas, a termorregulación, transporte de nutrientes, producción de fluídos, reparación celular, control da acidez, hidratación e a elasticidade da pel, ademáis de moitos procesos químicos e fisiolóxicos. Por iso a súa importancia do seu consumo permanente.
Moitos expertos en nutrición consideran que tomar auga con limón é moi saudable e nutritivo. Según a nutricionista Ann Louise Gittleman, o zume de limón é excelente para eliminar a grasa do organismo e aumentar o proceso desintoxicación do corpo. Pero a todo isto, é importante dicir que non é unha cura milagrosa para perder peso, senón que é un componente dun plan saudable para axudar o adelgazamento.
Theresa Cheung, autora do libro "La Diesta del jugo de limón", di que o zume de limón mellora o funcionamiento do aparello dixestivo. Xa que a alta concentración de ácido cítrico mestúrase cos ácidos e enzimas do organismo para simular os zumes gástricos e facilita a dixestión.
O investigador Michel Boschmann levou a cabo un estudio no que un grupo de persoas inxeriron medio litro de auga en xaxún. Concluíron que desta maneira estimulase, polo peso e temperatura, o reflexo hepático que activa o sistema nervioso simpático e predispón ao corpor un maior rendemento físico e mental.
Deixo a vosa disposición un vídeo onde se vos mostran os 10 beneficios de tomar auga con limón en xaxún.
Polo tanto, é bo tomar auga tibia con limón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario