Página principal

viernes, 12 de diciembre de 2014

Os petit suisse axudan a crecer

Boas noites!

Dende que eramos pequenos escoitamos que tomar petit suisse axudaba a crecer, de feito os propios anuncios de apoiaban o que tamén escoitabamos na rúa. Pero, é verdade que axudan a crecer? É bo para a saúde dun neno pequeno? Hoxe imos contarvos a realidade dos peitit suisse. 



Anuncio publicitario da televisión dos iogures danonino petit suisse:
Os petit suisse é un queixo fresco obtido pola coagulación da leite a que se lle quita lentamente o suero. Elabórase con leite desnatada pasteurizada, enriquecido con nata. Poden figurar na dieta habitual dos nenos. Un petit suisse de 60ml contiene 75mgr de calcio. Trátase dun producto moi nutritivo, pola conservación aportación de hidratos de carbono, proteínas, calcio e outros minerais e vitaminas. E non son moi calóricos nin teñen moita grasa.

Despois de realizar unha búsqueda moi extensa e profunda a través da rede non atopei ningunha evidencia científica que conclúa este mito. A única razón que pode respaldala é que é certo que contén unha boa cantidade de calcio e que fortalece os ósos ademáis das vitaminas e mineriais. Seguirei investigando se atopo algunha evidencia non dubidarei e comentarlla! Se tedes algo que comentar non dubidedes en facelo!

Se queredes máis información deixo a vosa disposición as seguintes páxinas:
  • Publicación da revista do "Consumidor",  fae click aquí
  • Análisis realizado polo eroski consumer, fae click aquí
Que pasedes un bo fin de semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario