Página principal

lunes, 1 de diciembre de 2014

Se arranco unha cana, sairán moitas máis.

¡Bos días!

Comezamos a semana cunha entrada no blog na nosa lingua, en galego. Para aqueles que non o entendandes dispoñedes dun traductor a esquerda da páxina.

A falacia que imos desmentir hoxe trátase dunha preocupación moi escoitada nas rúas por aqueles que de súpeto atopan un pelo branco na súa cabeza e non saben que facer. A partir de agora xa non terás máis dúbidas! Arrancar unha cana non implica iso que se escoita nas rúas, non van saír nin 5, 6, 7 ou 10 maís.


A cor do cabelo está determinado pola melamina, o mesmo pigmento que provoca que a pel se poña morena no verán. A melanina sintetízase individualmente en cada folículo capilar de cada un dos cabelos por separado O factor principal de que saia soamente unha cana cando aínda es novo é a xénetica, pero cando comezan a saír máis xa vai sendo cousa da idade. Aínda que tamén poden influir o teu estilo de vida (o estrés, a alimentación...).

A todo isto cómpre engadir que se atopas un pelo branco, conta tamén coa presenza de máis no futuro xa que os factores que percutiron nun só pelo é moi probable que tamén o fagan nos demáis. Por iso é tan estendido o mito de que por unha cana que arranco saen "x" máis. 


Polo tanto, se arranco unha cana sairán moitas máis.

Un saúdo, que teñan un bo día! Calquera cousa non dúbide en preguntar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario