Estamos fartos de escoitar que temos que durmir xusto oito horas todas as noites, que menos é malo e durmir de máis tamén o é, pero é certo? Teñen que ser xusto oito horas seguidas? Todas as persoas do mundo precisamos durmir oito horas? Se quere sabelo, vai ter que seguir lendo!
" Dormir es fundamental para afrontar en perfectas condiciones la posterior vigilia, para la supervivencia del individuo y para el correcto funcionamiento del sistema nervioso. Cuando no se duerme adecuadamente hay un menor rendimiento cognitivo, baja la concentración y ,entre otras alteraciones cognitivas, se producen fallos de memoria, cambios bruscos de humor y alteraciones en el proceso de toma de decisiones." Sinala o doctor Hernando Pérez, Coordinador do Grupo de Vixilia e Sono da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN)
Durmir é unha función fundamental para o desenvolvemento físico e mental das persoas, especialmente dos nenos. Durante moito tempo escoitamos que o noso corpo e a nosa mente precisan de durmir 8 horas de soño.
Un diario británico tirou a primeira pedra no asunto de sinalar como mito a creencia de durmir 8 horas diarias beneficia a saúde. Para criticar isto, retomou os datos dun estudo feito en California no ano 1913. O cal aseguraba que o cerebro dos adultos pode descansar adecuadamente con só entre 5 e 7 horas de soño.
É certo que a explicación científica permitenos dicir que "o corpo non precisa o descanso", si podemos informar que se non durmimos o suficiente o cerebro non responde correctamente e polo tanto, as actividades motoras, así como as mentais, non poden realizarse da mellor maneira.
Ademáis moitas son as investigacións que aseguran que durmir o suficiente mellora as funcións físicas, prevé das enfermidades, favorece o traballo mental, incrementa o rendemento deportivo, entre outros benefecios para a saúde.
O que máis debate provoca é canto é o mínimo indispensábel que precisamos durmir para ter unha boa saúde. Non obstante, o noso corpo funciona moi asociado as horas de luz solar polo que significaría un mínimo de 7 e 8 horas de ausencia de sol.
Engadir, como dato interesante, que aproximadamente o 30% da poboación padece transtornos do soño, e o feito de que esta cifra aumentase nos últimos tempos, garda relación cos trocos nos estilos de vida.
Polo tanto, durmir oito horas diarias é recomendábel, pódese dicir porque é a media española pero como cada persoa é un mundo, as horas de soño poden estar alteradas por moitisimos factores da nosa vida diaria ( se consumes cafeína ou teína, se traballas de día ou de noite, se fas exercicio ou se non o fas, etc.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario