Coa loteria do nadal de fondo, agardando a que saia o premio gordo, imos dedicar a nosa entrada á doación de sangue. Trátase dunha excusa que moitos aproveitan para non ter que doar sangue. Hoxe imos contarvos a realidade de este mito e deixaremos a vosa disposición un pouco de información sobre a doación de sangue.
Moitas persoas pensan que doar sangue engorda, e polo contrario tamén hai xente que pensa que adelgaza xa que estas eliminando 450cc aprox. de sangue do teu corpo. Doar sangue non engorda nin adelgaza. O certo é que despois da doación ábrese o apetito pola necesidade de recuperar enerxía. Os hábitos alimenticios non se teñen que trocar despois de doar sangue. Chega con hidratarse e comer de forma balanceada. O corpo compensará a pérdida en minutos.
Polo tanto, doar sangue non engorda. É falso.
Agora pois, deixamos a vosa disposición información sobre as doacións de sangue. Doar sangue é doar vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario